domingo, 29 de junio de 2014

RUTA CON FINAL FELIZ



Hola tipos, vaia titulo que poño, ja ja ja, non seades mal pensados eeeeeh, que hay muita mente sucia..., poño iso porque o final feliz de hoxe, foi a pulpada que nos mandamos pa repoñer forzas despois do esforzo de hoxe, iamos con tempo e mais de un andaballe con janas o tipo do pulpo que se monta o posto onde paramos sempre, ja ja ja.

Hoxe foi un dia suave, pa poñerse a tono, polo menos pa min que levaba duas semanas sen rodar, e tamen pa que meu primo Jose fora entrando no mundo de "mamando roda", dende aqui doulle a benvida e me alejra moito que se una a nos e falando no nome de todos, faremos todo o posible pa que te sintas comodo e que participes e disfrutes das nosas saidas, Benvido Josiño!!!

Pois fixemos unha rutiña de 26km, dirixida por Davi, saindo do lujar de costumbre, collendo hacia as salinas en vilaboa, e todo pola beira do mar por uns ricubecos que coñecia el hasta Deilan, dando volta hasta Paredes, parando no lujar de costumbre, e xa postos, como iamos con tempo, deunos por tomar unhas tapiñas de pulpo e unhas cerveciñas, todo cousa sana, ja ja ja, (houbo quen tomou aquarius, xente sana).






E o dia rematou asi, todo sen ninjun percance, o tempo axudou e o que mais me alejra, que isto cada vez vai a mais, con boa xente e o mais importante, que esas duas ou tres horiñas que estamos rodando, nos fan desconetar da presion e os problemas do traballo de durante a semana, e te fan vir renovado e preparado pa unha semana mais, polo menos eu.





Pois nada mais, un saudo a todos e hasta a proxima saida, e pa os que viñeste hoxe, GRACIAS POLA VOSA COMPAÑA!!!









Javi liante dice:
Oxe a ruta foi corta...despois da de onte, como que non estaba o forno pa bolos...jajaja...que sirculasion de cervezas Dios santo...ainda así, coa incorporación de Jose, primo de javier zoco, o grupo oxe xuntamos 6...6 de 12 ...jajaja...isto incha...


sábado, 21 de junio de 2014

CONQUISTANDO CALDELAS !!!!

Bueno sosios...pois nada, oxe saimos o sábado, por que esta semana, Zoco ausente,Daví ausente,Angel ausente, Victor ausente,Pato rompeu a bici...por que será?? jaja... Javi primo traballa...quedabamos Rober e eu, pero Rober ibame deixar quedar sejundo asi que...jajajaja....que cambiamos o día e saimos 3 almiñas.
Fomos a recorrer as pistas de Caldelas. e a verdad e que vin bastante contento por que son pistas boas para rutear. Temos que volver por que hay moitas pistas e hay que recorrelas todas...
Hay unha cousa que non cambiou...que en Caldelas tamen hay unha Acuña e ali que damos as 9:30 pa non variar...jajajaja
Arrancamos e o pouco rato xa empezamos a subir...uns tramiños (repechitos pa alguns)
habia que facelos a pé...e incluso o tramo final coa bici o lombo...
cajondiola que subida rapass !!!


Xa case arriba de todo estaba moi deteriorada,pero foron solo uns 100 mts...ata que chegamos o mirador de Castrelada...que espectaculares vistas...


desde ahí mirabase medio jalisia !!!







Non me digades que non e un espectaculo...!!!!

Ademais que tipos Juapos !!!!! ainda lle dan mais realce a ese paisaje tan alucinante...sobretodo o de verde...que si esta asi de verde...cando madureee....jajajajajajajajaja






















Despois baixamos xa pa Caldelas e pa non variar...a cerveziña de rigor...!!!!!!
Para outro dia temos que facelo todo o grupo ou a maioria por que todos e case imposible...pero creo que hay moito que facer por ahí...

¡¡¡ MAMANDO RUEDA A TOPEEE!!!!



domingo, 15 de junio de 2014

DOUS TIPOS POLO MUNDO!!


DOUS TIPOS POLO MUNDO...




Pois aqui nos tendes outra vez...Zoco e Liante...coma sempre !!! Ala arrancamos desde Arcade coa sana intención de ir a Amoedo a facer a ruta da agua...peeeero !!!! o chegar case o cruce de Pazos decidimos ir un pouco mais alá...coma sempre...e decidimos ir a Moscoso (vease el cartelito de la imagen).











Unha vez alí tiramos dirección a Calvos (chamanlle así por que seica habia moitos...jajaja)
E coa misma o conocido embalse de Eiras...donde nos arretratamos e deixamos constanca da nosa presencia fisica !!!!



Xa despois arrancamos pola senda da auga dirección a Aranza city...onde casou un tal Daví que oxe abandonounos espiritualmente debido a unha alta ingesta de "ARCOL..."








Coa misma, chegamos o rio de Aranza, onde lle contei a Zoco as nosas aventuras e desventuras de cando éramos rapaces...jajajaja...que tipos!!!! a verdad e que e un espectaculo da naturaleza.Un remanso de paz e tranquilidad !!!!! O tipo volveuse loco...sacou o movil e empezou a retratar a diestro e siniestro....pim pam toma lacasitos !!!!!

Ahí o temos enseñando o seu CAS-COCHINO como el lle chama...jajajajaja









En resumen, que fixemos 38 Km
que chegamos a casa co objetivo
cumplido (non levar un jolpiño...)
E o mellor de todo que o chegar fomos o furancho a mandarlle unha xerra de Albariño acompañado dunhas finas capas de fariña e delicias do mar (vamos unha empanada de toda a vida) e uns trociños de zumo de vaca cuajado (queso)...e que oxe saiume a vena Arguiñano...jajajajaja
Ala, pois ahí queda outra das nosas hazañas gloriosas que algun día recordaremos con cariño....

lunes, 2 de junio de 2014

O JALLEIRO DO CANTEIRO


O JALLEIRO DO CANTEIRO



Hola tipos!!.
Hoxe tou contento porque consejin un reto que me propuxen a semana pasada. Lembro que cando viñamos de volta pa casa Javi liante mais eu, dixenlle que non ia pasar moito tempo antes de subir ali onde estaba unha figura nun alto que se miraba dende o pontillon.
Chejei a casa e despois de comer, puxenme no internete a mirar que era iso, e xa mirin que era unha homenaxe o canteiro, pero que ten unha subida paresida a do jalleiro, asi que unha vez que fun, dixen que era o JALLEIRO DO CANTEIRO.


Pois ala arrancamos cinco tipos, Roberto, Victor, Javi liante, Pato e Zocotron, camiño de Pontevedra, para subir por Marcon, Bora, Xeve, Berducido e xa no pontillon, demonois un descansiño, tomamos catro cropans e xa tiramos para arriba, o que me fixo recordar cando che patinan as rodas na jravilla e non avanzas nada, e todo e costa tras costa, pero se se quere, chejase.

Ali arriba, podesedisfrutar dunhas vistas dignas de ver,se vos fijades nas afotos, merece a pena subir
.

Despois dun bo rato, baixamos dali con moito coidado, salvo Pato que nos deu unha leccion de como se baixa estilo descenso extremo deixandonos acojonados, que tipo macho!.

Xa de volta topamonos coa marcha de duatlon de Pontevedra, onde Pato xa se quedou a mirala, nos fomos de volta pa casa, facendo a parada de rigor en Paredes a repoñer liquidos e azucares, a verdade, hoxe mereceu a pena.
Jracias a todos por participar conmijo nesta aventura

Javi liante:
:Pois desta volta como ibamos con mais tempo, subimos arriba de todo...e tan arriba...o Zoco emperrenchouse en ir saludar o do martillo...jajajaa...dia precioso pa rutear e oxe acabanmos con 54 KM nada menos, ahora si, espectaculares vistas desde o mirador.Bo ritmo e boa compañía, despois cerveciña e pa casa co objetivo cumplido, divertirnos e non levar un golpiño...