domingo, 13 de abril de 2014

SERA POR REPECHITOS...



Ahi andubemos hoxe outra vez, a facer bulto pola estrada, mais ben pra reivindicar que co bo tempo case que apetece mais andar na bici que no coche ou na amoto, ja ja ja.

 Pois saimos catro tipos, era pa ser cinco, pero un as seis da mañan acordouse que lle ia a parir a ouvella e non puido vir, e Toño mandou un guasá que seica ia a correr por Monteporreiro, foi unha pena, pero bueno, os catro que fomos demos conta do choio perfetamente.

 Saimos preto das dez da mañan dende onda sempre, na de Acuña, e xa collemos diresion Amoedo, onde debatimos se terra ou asfalto, e o final collemos carretera de Cepeda, unha subidiña con repechitos pero xeitosiña, onde topamos unhas tipas lavando o coche munha fonte, onde paramos a bebere e a sacar unha afoto, que inda non sacaramos ninjunha, e elas moi amables nos retrataron unha afoto mais, ja ja ja.

 Xa pasado los repechitos, baixamos pra Nespereira, onde enlazamos hacia Redondela, onde xa non entramos, segimos cara a Agrelo e ahi empezaban as subidas firmes por onde fomos hasta preto das aldeas infantiles pero desviamonos pra coto, preto da Pantalla, seguindo paralelos a via do AVE, onde enfocamos o repecho pecho!!! hacia Nogueira por onde fomos dar como pudemos!!! o Saramajoso.
Podovos jarantizar que a mais de un costoulle un juevo subir, como dirian na capital, categoria media, je je je.

 Xa dende ali collemos carretera de cochon todo costa abaixo hasta chejar a Arcade, casi tres horas de ruta, pero podo asegurarvos que lle chejou bien bien, casi 42km con repechitos varios y un repechito macho, pero macho macho....

1 comentario:

  1. cajondiola....esa ruta acabamola aunque sea o ultimo que faja nesta mísera vida !!!!!!!!!!

    ResponderEliminar

tu opinion interesa!!