martes, 2 de septiembre de 2014

SAIDA CON KITO!!!




Hola tipos, xa ando por aqui outra ves, xa sei bque teño pendiente as saidas da ponte de Agosto, pero o choio non me da moito marxe, pero en breve xa porei todo, que a verdade, merese a pena.

Voume centrare na saida deste domingo pasado e mais pa diante xa vos irei poñendo o dia, que teño moitas novedades pendentes, nova plantilla e novo formato de blog, que aljo inda fixen, pero leva moito tempo e da lata de carallo. polo de pronto,xa teño un formato novo pa as afotos, que pouco a pouco iranse poñendo o dia, en canto encarjemos o liante mais eu un chimpin de adsl, que aki a alxan e como a traemos, ja ja  ja

Pois iso, deixome de leria e voume a domingo, que saimos liante mais eu da casa e tuvemos que pasar os controles da juardia sivil que habia por aqui, debia ser que aljun tipo daba unha festa no castelo ou facia unha pulpada, ou aljo asi, de traballar non creo que fora, ja ja ja.
Aparte o liante taba de estreno coa sua makina nova, moi bonita por cierto, pero te voy dicir una cosa , tipo, a valvula do aire non me justa, ja ja ja, por sacarlle un defeto, se non hinchas peito que nin dios, je je je.

E chejamos a Acuña, coma sempre, e inda non viñera ninguen, pero habia unha sorpresa, quedara con un amijo, David (KITO-BIKE), que mesorprendeu gratamente dicindome que se unia a nos o Dominjo, que alejria levei, ja ja ja, . E ali apareseu coma un reló, tomamos un cafesiño pa inisiar a xornada, cando apareseu Esteban, unindose a nos e saimos catro tipos a mamar roda por ahi adiante diression Pontevedra
bordeando o rio dos gafos, chejando a Pontevedra e indo pola citi hasta a igrexa da Perejrina, onde fixemos a primeira afoto e xa pra arrincar pola beira do Lerez ata Ponte Bora, e como xa estabamos encendidos, pois fomos ata o Pontillon do castro, e.....como xa nos eran horas demola volta, que si non acabamos en Lalin, ja ja ja, e si volo conto non mo creedes, pero baixando por Couso a mais de sincuenta por hora, un tipo baixa a costa en caballito,sinto non ter afotos pero tiña q ajuantar no manillar, q eu iba acongojado, ja ja ja

E moito mais non vos podo dicir, que viñemos de volta polos Gafos outra vez, pero xa en serio, porque pa ajuantar o ritmode David ha que ter vintesinco chupitos e vinte rebules deses, pero bueno, todo ben, e persoalmente pra min inolvidable, e digocheDavid, que cando queiras a nosa compaña, xa sabes onde toparnos,pa nos e unha honra que veñascon nos ou nos ir contijo, como queiras.

Fixemos a paradiña de rijor en paredes, tomamos uns sumos e pa casa, que xa eran horas, e esperando que po prosimo dia sexamos mais.

unha aperta a todo o mundo


`
FOTOS AQUI:
http://mamandofotos.blogspot.com.es/?view=sidebar



3 comentarios:

  1. O placer foi meu. Foi unha rulada moi guapa. xa quedaremos pa facer outra. Sodes xente de p...madre. Un saudo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jracias amijo, aver si e certo que repetimos e nos levas a unha ruta desas que coñeces ti. Un abrazo

      Eliminar

tu opinion interesa!!